Terceira sesión: E ti que pensas? & Who inspires you?
Competencias clave traballadas:
·
Competencia social e cívica
·
Competencia lingüística
·
conciencia e expresións culturais
Obxectivos xerais ligados ao currículo D86/2015:
“a)Asumir
responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no
respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a
solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando
os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e
homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o
exercicio da cidadanía democrática.
c) Valorar e
respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidadesentre
eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera
outracondición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que
supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación
de violencia contra a muller.
d) Fortalecer as
súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas
relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de
calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.
g) Desenvolver o
espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido
crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender,
planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.” (pax. 25.447)
Desenvolvemento da actividade:
Pola xornada do 25 de novembro realizouse unha sesión de
sensibilización sobre a situación da muller e proporcionáronse datos
(presentación E ti que pensas?)que elucidasen a diferente participación social
da muller respecto ao home. Ensinouse a presentación, e abriuse un debate moi
produtivo sobre casos coñecidos dentro do ámbito familiar e social do alumnado.
Máis adiante, con motivo da xornada do 8 de marzo,
proxectouse o vídeo Who inspires you?, realizouse un exercicio de comprensión
oral e reabriuse o debate con estas mulleres e o alumnado tivo que proporcionar
exemplos doutros casos que se puidesen engadir á lista.
Comentarios
Publicar un comentario