Análise publicitaria e roles de sexo

 ANÁLISE PUBLICITARIA E ROLES DE XÉNERO

A actividade divídese en dúas partes ben diferenciadas, a primeira, na que os alumnos deben facer unha análise escrita sobre a imaxe dun anuncio publicitario, escollido previamente, no que se fomenten os roles de xénero.E unha segunda parte na que deben elaborar un cartel combinando o texto da análise e a imaxe do propio anuncio.

a.    Primeiro visualizarán na clase un powerpoint onde atoparan diferentes exemplos de anuncios coa súa clasificación correspondente.

b.    Facilitaránselles as seguintes cuestións coas que deberán facer a análise escrita:

Despois do visto na clase…

  1.  Debes escoller un anuncio publicitario que destaque polo uso dos roles de xénero ou que empregue o corpo das mulleres, o sexo ou a condición sexual como reclamo publicitario.
  2.  Facer unha análise do anuncio seguindo o comentado na clase (emisor, receptor, canle, código)
  3. Analiza tamén os usos lingüisticos que aparecen na imaxe (metáfora, connotación….).
  4. Por último intenta responder ás seguintes cuestións sobre o anuncio:
    •  ¿É necesariamente destacable o feito de ter atractivo físico para ser protagonista nun anuncio publicitario? ¿Por qué?
    •  ¿Crees que é necesario no caso dos homes? ¿Por qué? ¿Qué tipos de rasgos destacaron máis das mulleres? (No caso de que tamen aparezan varons) ¿E dos homes?
    • Escribe aquelo que consideres está máis pensado para crear unha imaxe “sexy” que para ser útil ou necesario, á hora de anunciar os produtos.


5. Redacta a conclusión que extraes de todas as actividades que traballaches.

PRESENTACIÓN:

Presentao pegando o anuncio sobre unha cartolina e colocando o texto da análise de xeito ordeado e limpo. Emprega unha tipografía clara.

Podes fixarte na seguinte presentación sobre carteis publicitarios para decidir como compoñer sobre a cartolina a imaxe do anuncio e o texto da análise e as preguntas.

 

1.    DENTRO DOS OBXECTIVOS DA ESO A NOSA ACTIVIDADE CÉNTRASE, SOBRE TODO, EN TRES DELES:

 Asumir responsablemente os seus deberes; coñecer e exercer os seus dereitos no respecto aos demais; practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos; adestrarse no diálogo afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e de oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.

Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais e resolver pacificamente os conflitos, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas.

 2.    ATENDENDO ÁS COMPETENCIAS CLAVE, A ACTIVIDADE CONTRIBÚE ESPECIALMENTE A ACADAR AS SEGUINTES:

¾    Comunicación lingüistica.

¾    Competencia dixital

¾    Conciencia e expresións culturais

¾    Competencia social e cívica

3.    DENTRO DO CURRICULO DE 3º DE ESO, A ACTIVIDADE FAI REFENCIA Á:

a.    Unidade 4, dentro do segundo bloque da asignatura, chamado Comunicación audiovisual e desenvolvido na segunda avaliación. Nel tratánse contidos como:

¾    Linguaxe visual, signo visual, significante e significado

¾    Percepción visual, proceso perceptivo

¾    Linguaxe da imaxe. Aprender a ler imaxe

 b.    Unidade 5, dentro do segundo bloque da asignatura, chamado Comunicación audiovisual e desenvolvido na segunda avaliación. Nel trátanse contidos como:

¾    Recursos visuais presentes nas mensaxes publicitarias visuais e audiovisuais.

¾    Publicidade. Principais recursos visuais empregados nela.

4.    CONCLUSIÓN:

Os alumnos mostráronse receptivos e conseguiron obter bos resultados, foi algo novedoso para eles e sorprendéronse en moitos casos atopando roles de xénero onde non imaxinaban que os ouvese.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Matrimonio de conveniencia