O traballo céntrase nos contidos da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 3º da ESO, concretamente nos correspondentes á reproducción e saúde. Mediante 4 sesións na terceira avaliación Os obxectivos que se intentaban acadar resúmense en: - Concienciar ó alumnado da importancia da prevención do contaxio das ETS. - Afianzar os coñecemenetos sobre os tipos de microorganismos patóxenos e as vías de contaxio. - Aprender a elaborar traballos escritos e exposicións orais. As competencias básicas desenvolvidas son as seguintes: - Aprender a aprender - Competencia dixital - Competencia lingüística - Competencia cívica e social - Competencia matemática Os traballos foron realizados en parellas e primeiramante formuláronse as preguntas ás que queríamos dar resposta: - Que é unha ETS? - Cales son as máis comúns? - Que microorganisnismos as provocan? - Qu
Sesión dedicada ao “AMOR ROMÁNTICO”. Por medio de power point, o alumnado responde as preguntas que guían o seu discurso xerado de xeito grupal, e se traballan os contidos da programación. Amor romántico (1) de Ana Arias Castro
Actividade sexo e xénero en inglés Competencias clave traballadas: · Competencia social e cívica · Conciencia e expresións culturais · Competencia lingüística na primeira lingua estranxeira Obxectivos xerais (DOG 120 do 29 de xuño de 2015): “a)Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática. c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, a
Comentarios
Publicar un comentario