14ª e 15ª sesións: Concepción e Hoxe damos clase nós

 O traballo céntrase nos contidos da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 3º da ESO, concretamente nos correspondentes á reproducción e saúde. Mediante 4 sesións na terceira avaliación

Os obxectivos que se intentaban acadar resúmense en:

-          Concienciar ó alumnado da importancia da prevención do contaxio das ETS.

-          Afianzar os coñecemenetos sobre os tipos de microorganismos patóxenos e as vías de contaxio.

-          Aprender a elaborar traballos escritos e exposicións orais.

As competencias básicas desenvolvidas son as seguintes:

  • -          Aprender a aprender
  • -          Competencia dixital
  • -          Competencia lingüística
  • -          Competencia cívica e social
  • -          Competencia matemática

Os traballos foron realizados en parellas  e  primeiramante formuláronse as preguntas ás que queríamos dar resposta:

  • -          Que é unha ETS?
  • -          Cales son as máis comúns?
  • -          Que microorganisnismos as provocan?
  • -          Que efectos causan na  saúde?
  • -          A que poboación afectan?
  • -          Como se evita o contaxio?

Cada parella fixo unha exposición, ante o grupo, do traballo realizado dado que a necesidade da manter grupos burbulla dificultou a presentación a outros cursos.

As imaxes ilustran as presentacións realizadas.


















































Comentarios

Entradas populares de este blog

10ª sesión: O amor romántico

Sesión 12: o xénero en inglés