Matrimonio de conveniencia

 Matrimonios de conveniencia. Enrique VIII e as súas seis esposas.

Segundo o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. A materia de Xeografía e Historia de 3º da ESO terá coma un dos seus obxectivos o coñecemento da sociedade, a súa organización e o seu funcionamento ao longo do tempo, para deste xeito poder entender o mundo actual.

  En canto ás competencias chave, poderiamos dicir que a través desta proposta didáctica se desenvolven competencias que na práctica funcionan como propias (as competencias sociais e cívicas). Asemade, con ela pretendemos incidir no estudo da evolución histórica dos dereitos da muller.

Por outra banda a actividade entronca con algún dos estándares de aprendizaxe da materia para o terceiro curso da ESO, como por exemplo:

-XHB3.1.1. Identifica elementos materiais, culturais e ideolóxicos que son herdanza do pasado.

-XHB3.2.2. Comprende que a historia non se pode escribir sen fontes, xa sexan estas restos materiais ou textuais.

-XHB3.3.1. Ordena temporalmente algúns feitos históricos e outros feitos salientables, utilizando para iso as nocións básicas de sucesión, duración e simultaneidade.

ACTIVIDADE:

  Esta actividade en concreto pretende por en valor a importancia das relacións afectivas no eido das relacións de parella. Así como ver as repercusións dos matrimonios sen amor e a súa evolución ata os actuais matrimonios de conveniencia que teñen lugar para obter, sobre todo, beneficios xurídicos. Para tal fin centrarémonos na figura de Enrque VIII e as súas esposas.

·Introdución/Motivación.

  Un matrimonio concertado é aquel que está pactado sen ter en conta a liberdade dos contraintes. Nalgúns países este tipo de matrimonios todavía son moi comúns. Estas unións serven para limitar o acceso a un certo orde económico e social a través de pactos entre familias e non mediante o compromiso dos cónxuges. A parella "arranxada" non agarda comezar o seu matrimonio por amor, se non que acepta conformarse con normas impostas pola súa contorna social. O "amor de compañía" (aquel que se lle ten a unha persoa coa que se comparte moito tempo) puede xurdir ao longo da unión, mais carece da compoñente emocional.

  Numerosos son os casos de matrimonios amañados, chegando a su cúspide nos séculos XVII e XVIII, cando en Europa, as familias aristócratas e nobres concertaban matrimonios para os seus fillos co  fin de aumentar a fortuna e crear vínculos de poder.

·Actividade.

  Divididirase a clase en 6 grupos, cada un deles asignaráselle unha muller. Colaborativamente realizaremos un cartaz coa seguinte información:

-       Imaxe.

-       Motivo do fin do matrimonio.

-       Historia do matrimonio (casamento, embarazos, fillos, tipo de relación…)

-       Datos curiosos.

En grupo reflexionaremos sobre as seguintes cuestións:

1.- Que información destacarías do que aprendiches? Por que?

2.- Que consecuencias negativas ten para os membros da parella este tipo de matrimonio?

3.- Que opinas que en determinadas sociedades todavía se concerten matrimonios? Poderías decir algunha vantaxe?

4.- Pensas que teñen xustificación os matrimonios de conveniencia que se dan na actualidad para conseguir beneficios xurídicos (nacionalidade, permisos...)?

5.- Cres que os sentimentos, o afecto, son fundamentais na parella?

 






Comentarios

Entradas populares de este blog

14ª e 15ª sesións: Concepción e Hoxe damos clase nós

10ª sesión: O amor romántico

Sesión 12: o xénero en inglés