Sesión 12: o xénero en inglés

 Actividade sexo e xénero en inglés

Competencias clave traballadas:

·         Competencia social e cívica

·         Conciencia e expresións culturais

·         Competencia lingüística na primeira lingua estranxeira

Obxectivos xerais (DOG 120 do 29 de xuño de 2015):

“a)Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada” (pax. 25.447)

Desenvolvemento da actividade

A raíz de algún caso no que o xénero varía segundo o sexo en galego/castelán e en inglés non, aproveitouse para explicar as diferentes solucións lingüísticas a esta situación e a crecente sensibilidade internacional respecto ao tema do xénero.

·         En inglés normalmente non hai correspondencia sexo=xénero, a diferenza do español e galego.

·         Hai veces nas que a palabra xenérica referida a unha especie é a masculina (dog) e outras nas que é a feminina (duck).

·        


En canto ás persoas hai unha tendencia actualmente a utilizar palabras neutras en canto ao xénero e remprazar as que marcan o xénero para evitar mencionar o xénero de persoas cando non é relevante.

·         Coméntase tamén a tendencia a utilizar o pronome plural (they) que non marca o xénero fronte ao singular masculino ou feminino (he/she) cos que o falante ten que facer unha aposta á hora de comunicarse para referirse a alguén.

·         Revísanse aquelas palabras de uso máis frecuente e que poden ocasionar confusión pois o alumnado galego tende a utilizar en plural masculino as palabras cando poden referirse a persoas de ambos xéneros: grandparents/grandfathers.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

14ª e 15ª sesións: Concepción e Hoxe damos clase nós

10ª sesión: O amor romántico